O Teatro Principal acolle a estrea da curtametraxe "Flores para Amalia"
Por Redacción
Este venres estréase a curtametraxe Flores para Amalia no Teatro Principal as 21.00 horas. Dirixida por Nani Matos, a curta conta cun elenco de actores coñecidos e recoñecidos no panorama audiovisual galego.
Protagonizada por Gonzalo Uriarte (Libro de familia), e Mela Casal (A escoba), trata dunha historia intimista que fala de conmoverse co máis cercano, cos pequenos xestos da vida. Os dous pasan os últimos anos da súa vida nunha residencia de maiores. A longa enfermidade que padece a muller, fará que Alfonso, o seu home, tome unha decisión.
Na curta tamén participan actores e actrices como Luis Iglesia B., Susana Dans, Avelino González, Xan Cejudo, Machi Salgado, e mesmo tamén os pontevedreses, Santi Cortegoso, Xose M. Esperante e Teté García.
Na estrea estarán presentes o director, os protagonistas da curta e parte do equipo técnico e artístico.