Recital para celebrar 10 anos da Coral Polifónica Acordes de Bueu
Por Redacción
Este sábado 4 de novembro, o Centro Social do Mar será escenario dun recital conmemorativo dos dez anos de historia da Coral Polifónica Acordes de Bueu.
A cita contará coas actuacións da propia coral homenaxeada e da Coral Polifónica Albricias de Maceda, de Ourense, da Coral Polifónica Cantigas de Castro de Vilanova de Arousa e da Coral Polifónica Padronesa da Coruña.
Todas elas interpretarán desde foliadas e cancións populares ata habaneras. Ao final do acto, todas as corais interpretarán de maneira conxunta a peza 'O voso galo' de M. Groba.
A Polifónica Acordes de Bueu nace en Bueu o 28 de xullo de 2006 por un grupo de amigos sen ánimo de lucro e amantes da música e do canto coral. Desde 2010, a agrupación está dirixida por Emilio Gulín Hermida e pertence á Federación Coral Galega FECOGA.