Pontevedra, capital da poesía por tercer ano consecutivo coa celebración de PontePoética
Por Alejandro Espiño
Coa dirección de Yolanda Castaño e a coordinación de Antón Sobral, Xaime Toxo e Carlos Fontes, o festival PontePoética, un dos poucos certames de poesía que se celebran en Galicia, chega á súa terceira edición. "ÿ a edición da súa consolidación", aseguran os seus organizadores. Un festival que volverá a converter a cidade de Pontevedra, os próximos días 19, 20 e 21 de abril, "na capital galega da poesía".
Trátase dun certame que, segundo a súa directora, "intenta poner en valor a poesía en galego", aínda que non perderá de vista o que se fai "nas literaturas veciñas". De aí que non só autores galegos participen nesta terceira edición. Nas actividades organizadas no marco de PontePoética, centralizadas no Teatro Principal de Pontevedra, participarán unha decena de poetas, algúns deles procedentes de Portugal, Italia, Inglaterra ou o País Vasco.
PontePoética, xa consolidado no panorama cultural galego, non perderá o seu sinal de identidade. Di Yolanda Castaño que seguirá apostando "pola calidade literaria, pola diversidade de xénero ou por diferentes maneiras de entender a poesía". Todo iso mediante unha aproximación "integral e transversal", non limitada aos coñecidos recitais poéticos e buscando "novos espazos e novos públicos".
Neste sentido, buscarase achegar a poesía ao estudantado con encontros poéticos nos centros educativos da cidade, organizaranse obradoiros temáticos especializados e programaranse actividades en espazos de lecer nocturno, a medio camiño entre a expresión literaria e a musical. Todo para facer que Pontevedra siga sendo "unha raiola de esperanza" dentro do panorama cultural do país.
A programación completa de PontePoética é a seguinte:
Venres 19 de abril
Pola mañá: Encontro poético con alumnado do IES A Xunqueira I, IES Sánchez Cantón e IES Valle-Inclán.
18:30: Teatro Principal de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño s/n). Inauguración de PontePoética 3 e recital dos poetas:
- Claudio Rodríguez Fer
- Marta Dacosta
- Roger Wolfe
Presenta: Xaime Toxo
20:00: Teatro Principal de Pontevedra. Recital dos poetas:
- Raquel Lanseros
- Lino Braxe
- Rosa Alice Branco
Presenta: Goretti Canario
22:30: Pub Pequeño Karma (rúa de Paio Gómez Chariño, 29, baixo). Performance poético-musical "A MARCHA DA SOMBRA. Poesía en vivo con voz, corpo e alma": Claudio Pozzani
Sábado 20 de abril
18:30: Teatro Principal de Pontevedra. Recital dos poetas:
- María do Cebreiro
- Biel Mesquida
- Claudio Pozzani
Presenta: Antón Sobral
20:00: Teatro Principal de Pontevedra. Recital final con todos os poetas participantes e clausura de PontePoética 3.
Lino Braxe, Raquel Lanseros, Claudio Rodríguez Fer, Rosa Alice Branco, Biel Mesquida, Marta Dacosta, Roger Wolfe, Kirmen Uribe, María do Cebreiro e Claudio Pozzani.
Presenta: Yolanda Castaño
Domingo 21 de abril
11:00: Fundación Cuña-Casasbellas. Sala Versus (rúa de Xerardo Álvarez Limeses, 12). Obradoiro especializado de Poesía con Kirmen Uribe