Carlos Blanco e Luís Davila repiten con éxito o seu 'Menú da noite' no Pazo da Cultura
Por Redacción & Diego Torrado
Tan positiva resultou a parada de 'Menú da noite' en Pontevedra en 2016, que Summum Teatro apostou por repetir este domingo a fórmula.
O espectáculo protagonizado polo cómico Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila foi este domingo, por partida dobre, a terceira cita do ciclo teatral que se celebra no Pazo da Cultura.
O público pontevedrés acudiu en bo número a gozar da mestura de enxeño e arte que propón o dúo, nunha viaxe a Broadway pero "cos sachos", tal e como reza a promoción do espectáculo, e algunha novidade con respecto ao pasado ano.
Gargalladas apoiadas na oratoria de Blanco e na imaxe que achega o Davila cos seus debuxos improvisados, cunha banda sonora con música de Budiño e Kepa Junquera.
A próxima cita do ciclo Summum Teatro terá lugar o 28 de outubro con 'Nagare', do Circle of Trust-Logela Multimedia. É un espectáculo que combina danza e tecnoloxía.
Relacionadas:
-
Fusión entre hip hop e break dance para o sábado de Summum Teatro
Por Diego Torrado |
-
Yllana celebra en Pontevedra os seus 25 anos sobre o escenario
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Lola Herrera amosa o seu esplendor no Pazo da Cultura en 'La velocidad del otoño'
Por Diego Torrado |
-
Lola Herrera, Luís Merlo, Carlos Blanco e Yllana serán protagonistas do outono teatral
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |