O 'último triatleta' xa ten o seu documental
Por Redacción & Diego Torrado
O Teatro Principal quedou pequeno este venres para vivir a preestrea de 'Oldman: o último triatleta', documental elaborado por Antón Cruces no que se conta a vida e aventuras do seu pai, o triatleta veterano Manuel Cruces.
Amigos, familiares ou compañeiros do seu actual club, o CD Pinarium, non quixeron perder a estrea do documental, unha historia de superación e amor polo deporte dun dos pioneiros do tríatlon na cidade, fundador nos anos 80 do club Panoramix.
Manuel Cruces, aos seus 73 anos, segue na elite do tríatlon participando en diferentes campionatos, sen que nin sequera un atropelo en 2006 lle puidese apartar da súa paixón a pesar da opinión médica naquel momento.
Oldman conta como foron os inicios do tríatlon en Pontevedra e conta coa colaboración de diferentes amigos e grandes campións como Javier Gómez Noya ou Saleta Castro.
Tras a preestrea, o visionado online do documental estará dispoñible a partir deste domingo 22 de outubro a través da web www.oldmandocu.com.