Concerto estilístico da BMP adicado aos grandes compositores e as oberturas
Por Diego Torrado
O Teatro Principal acolleu este domingo o primeiro concerto do Ciclo de Butaca 2017 da Banda de Música de Pontevedra.
Os concertos celebraranse en fins de semana alternas ata o mes de xaneiro, que terán lugar os días 7 e 14. O horario habitual será o domingo ás 12:00 horas excepto o 28 de decembro que, por mor dos festivos de Nadal, o concerto terá lugar o xoves ás 21 horas. Todos eles terán como sé o Teatro Principal e contarán con entrada libre ata completar cabida.
O director da formación, Rafael Agulló, sinalou que "sendo conscientes de que o público nestes tempos aposta máis por actividades de ocio que culturais, tentamos facer un ciclo dinámico e moi dispar.
O primeiro concerto foi enfocado hacia o estilístico, os grandes compositores e as oberturas, como na época Barroca". A música francesa iconoclasta, a ópera italiana, unha "viaxe" ata Bos Aires, será parte do variado programa que contará tamén cun ‘Desconcerto’ coa colaboración do actor Fran Rey, no que "os instrumentos e os solos no serán os convencionais, a xente vai empezar rindo e non vai parar".
O programa deste domingo estivo conformado por:
- LUDWING VAN BBETHOVEN (1770 – 1827)
- Egmont (1810) – 8 minutos
- Arr. Ton van Grevenbroek
- JAQUES OFFENBACH (1819 – 1880)
- Orphée aux enfers (1858) – 10 minutos
- Arr. Satoshi Yagisawa
- PYOTR ILYICH TCHAIKOVSKY (1840 – 1893).
- 1812 Overture (1880) – 15 minutos
- Arr. Yoshihiro Kimura.
- AMADEO VIVES (1871 – 1932)
- Maruxa (1915) – 5 minutos
- Arr. . T. Romo
- DIMITRI SHOSTAKÓVICH (1906 – 1975)
- Festive Overture (1954) – 6 minutos
- Arr. Donald Hunsberger
- LEONARD BERNSTEIN (1918 – 1990)
- Slava! (1977) – 4 minutos
- Arr. Clare Grundman
Relacionadas:
-
A BMP invita os pontevedreses a "Unha noite na ópera"
Por Redacción |
-
Aires porteños para unha nova cita coa Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Mosaicos resonantes coa Banda de Música de Pontevedra no Teatro Principal
Por Diego Torrado |
-
A Banda de Música de Pontevedra organiza oito concertos no ciclo outono-inverno
Por Anxo Lourido |