O Festival Vertixe 2017 comeza este sábado no Teatro Principal
Por Redacción
O pianista Alberto Rosado proporá este sábado 14 no Teatro Principal o primeiro concerto da quinta edición do Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea, que Vertixe Sonora promove co Campus CREA S2i.
O título do recital é E-Piano video&electronics, con entrada libre ata completar o aforamento e programado para as 20.30 horas. As diferentes pezas estarán acompañadas dos traballos audiovisuais de Aurélio Edler-Copes, Paloma Pájaro, Graciela Iturbide, Hugo Louis, Sevi Asensi, Taller Citlo e Emmanuel Flores.
Desta forma a música electrónica combínase con vídeos e fotografías dos diferentes artistas dentro deste Festival Vertixe 2017, que chega á quinta edición.
Pontevedra acollerá tamén a primeira actuación en Galicia da formación francesa Ensemble Sillagues, que interpretará Philae na sala Nemonon durante o xoves 19 e presentará ao día siguiente A batalla de Don Carnal e Dona Coresma no Pazo da Cultura.
O Pazo da Cultura estreará o día 22 Die Wanderung, composto por Lula Romero e en novembro chegará o Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá, o sábado 4, o concerto Amygdala, de Defunensemble e o 18, o recital (In)visible, de Tag Ensemble.