As 'Areas de sal' do fotógrafo Xan Xiadas cubrirán o Pazo da Cultura este xoves
Por Redacción
O Pazo da Cultura acolle este xoves 21 de setembro ás 20.00 horas a inauguración da exposición de fotografía de Xan Xiadas, que leva por título 'Areas de sal'.
A mostra do fotógrafo pontevedrés permanecerá aberta ata o 12 de novembro cun motivo principal nos seus traballos visuais, a ría de Pontevedra. O autor recolle a magnitude deste espazo natural con especies animais e vexetais como grandes protagonistas. Xiadas tamén ofrece imaxes da relación entre o home e a ría a través dunha mirada pausada.
Esta exposición foi precedida pola doutros fotógrafos ao longo do últimos seis anos. Trátase dunha proposta que busca dar visibilidade ao seu traballo que, en numerosas ocasións, aparecen en formatos que non son os mellores para observar a súa calidade.
A mostra súmase á de pintura 'Na beira do río. Diálogos na pintura' que tamén se atopa nas salas do Pazo da Cultura.