Cheo absoluto no Pazo da Cultura para gozar de The Divine Comedy

Por Diego Torrado
Neil Hannon é un dos compositores máis singulares e aclamados do pop británico, e como tal non deixou indiferente a ninguén no seu concerto no Pazo da Cultura.
O auditorio pontevedrés encheuse ata a bandeira para gozar da terceira cita do ciclo 'Voices', que chegaba da man da banda 'The Divine Comedy' que lidera un peculiar Hannon "encantado de volver a Galicia", segundo o mesmo encargouse de recoñecer ao comezo do show.
As súas letras cargadas de ironía, a súa proposta alternativa e melódica, unido á súa simpatía, fixeron gozar ao público durante máis de hora e media de recital.
The Divine Comedy presentou en Pontevedra o que é o seu undécimo disco de estudo, Foreverland, pero ademais repasou algúns dos éxitos da súa longa traxectoria, que se iniciou a principios dos anos 90.
Concerto de The Divine Comedy no Pazo da Cultura
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Jorge Drexler e Jane Birkin actuarán no Pazo da Cultura dentro do ciclo Voices
Por Anxo Lourido |
-
O Pazo da Cultura e o Teatro Principal súmanse á Rede Española de Teatros
Por Redacción |
-
The Divine Comedy, primeira proposta masculina do ciclo Voices
Por Redacción |
-
Maika Makovski, unha estrela fascinante, unha rara avis que emociona ao público pontevedrés
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Unha indomable Macy Gray marabilla o público pontevedrés na estrea do ciclo Voices
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |