A webserie 'Peter Brandon' amosa no Principal o día a día do cómico Pedro Brandariz

Por Mónica Patxot
O cómico coruñés Pedro Brandariz converteuse no protagonista absoluto da presentación en Pontevedra da webserie 'Peter Brandon. Unha vida pola comedia'. O actor iniciou o acto que se desenvolvía na noite deste xoves no Teatro Principal cun monólogo no que contaban algunhas das divertidas anécdotas da súa vida antes da proxección dos tres primeiros capítulos desta webserie, que aínda non está dispoñible na internet.
Trátase do terceiro proxecto da firma Porco Bravú e nesta proposta guionizada polo pontevedrés Óscar Cruz ofrécese, baixo un estilo documental, o día a día do actor Pedro Brandariz recollendo momentos cómicos e dramáticos deste artista de case corenta anos, que decide cambiar de identidade para converterse en Peter Brandon.
O obxectivo de Brandon é presentar un late night en Galicia que lle converta nun personaxe de éxito e neste obxectivo centra a súa carreira atopándose con situacións humorísticas e tamén dramáticas. O terceiro capítulo desta webserie que contará con sete episodios foi gravado en Pontevedra.
No seu elenci atópanse actores coñecidos como Xosé Manuel Esperante, que interpreta ao diaño na Festa do Demo pontevedresa, e aos humoristas David Amor ou Xosé Antonio Touriñán. Como axudante na produción atópase a artista pontevedresa Cora Sayers.
Presentación da webserie 'Peter Brandon' no Teatro Principal
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
"La transición" desembarca este sábado nas festas de Campolongo
Por Redacción |
-
RADIO.- La transición pregúntase... que é ser adulto?
Por Redacción |
-
RADIO.- Chega "La transición" a PontevedraViva Radio
Por Redacción |
-
A webserie Generación Wifi estréase o 18 de outubro en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Óscar Cruz, creatividade pontevedresa premiada nos Mestre Mateo
Por Marisa Ciordia |
-
O Principal acolle este xoves a presentación de 'Peter Brandon', unha webserie con guión pontevedrés
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |