Oito obras compoñen unha nova edición de Ponteatro
Por Diego Espiño
Volve un dos clásicos dentro da programación cultural anual da cidade, o ciclo teatral Ponteatro.
Ata oito representacións compoñen un cartel que "cada vez é maís difícil de escoller", recoñece a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, nun repaso ao mellor da escena teatral galega.
"Desde o máis contemporáneo ao máis tradicional" pasará polo escenario do Teatro Principal durante seis xoves (21:00 horas) ata o final de ano e dous 'venres golfos', con sesións que arrincarán ás 23:59 horas.
A programación do ciclo Ponteatro é a seguinte:
- 5 outubro. 21.00 horas. Voaxa e Carmín, de Butaca Zero. Conta a vida das Marías de Compostela, interpretada por Mabel Rivera e Belén Constenla.
- 26 outubro. 21.00 horas. A cabeza do dragón, de Excéntricas. Produción teatral sobre a versión en galego da obra de Valle-Inclán, dirixida por Quico Cadaval.
- 27 outubro. 23.59 horas. Venres Golfo. Desconexión, de Xurxo Cortázar. Espectáculo do actor pontevedrés, dirixido por Santi Cortegoso, un texto cómico e ácido.
- 9 novembro. 21.00 horas. Elisa e Marcela, de A Panadería. Conta a historia destas dúas mulleres que en 1901 casaron na igrexa de San Xurxo na Coruña.
- 16 novembro. 21.00 horas. A noiva de Don Quixote, de EME2. Esta montaxe ofrece as andanzas do personaxe da universal obra de Cervantes en galego.
- 24 novembro. 23.59 horas. Venres Golfo: Calypso, de Voadora.
- 7 decembro. 21.00 horas. Resaca, de Ilmaquinario Teatro. Ofrece unha dramaturxia de creación colectiva próxima ás premisas do teatro documental.
- 14 decembro. 21.00 horas. A canción do elefante, de Redrum, con Ernesto Chao. Esta obra conta a historia dun paciente psiquiátrico obsesionado cos elefantes.
Destas obras, A cabeza do dragón e A noiva de Don Quixote contarán ademais unha sesión concertada para público escolar.
As entradas para todas as representacións poden adquirirse xa a través de www.ataquilla.com a un prezo de 8 euros por sesión, mentres o abono para todo o ciclo terá un custo de 48 euros. Para parados, estudantes e xubilados as entradas valerán 4 euros e os abonos 32 euros.
Relacionadas:
-
Ponteatro descobre a historia de 'A noiva de Don Quixote'
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Elisa e Marcela, a historia das primeiras mulleres que casaron en España, no ciclo Ponteatro
Por Alejandro Espiño |
-
Valle-Inclán tamén ten o seu sitio en Ponteatro
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
As Marías compostelás conquistan o Teatro Principal de Pontevedra
Por Diego Torrado |
-
As Marías, as veciñas máis famosas de Compostela, volverán á vida en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Lola Herrera, Luís Merlo, Carlos Blanco e Yllana serán protagonistas do outono teatral
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |