"A túa librería recomenda", novo espazo virtual do Salón do Libro de Pontevedra de recomendacións literarias

Por Redacción
As actividades ao redor o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra comenzan co inicio do novo curso escolar. A primeira actividade desta nova etapa é un espazo para as redes sociais: A túa librería recomendada.
A iniciativa consiste en que a través da páxina de Facebook e Instagram (@salondolibrodepontevedra) as librerías de Pontevedra recomendarán, cada sábado a partir deste 9 de setembro e ata o próximo mes de abril, unha obra de literatura infantil e xuvenil relacionada coa temática do evento: Mulleres de conto.
As librerías participantes na iniciativa son Cronopios, Paz, Patakafrita, La Nube de Papel, Nobel, Librería Naranjo e Seijas, que iniciará a sección coa recomendación da obra "Anagnórise" de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas do próximo ano, coa que os donos da librería tiveron, en vida da escritora, unha estreita relación de amizade.
A finalidade desta iniciativa é fomentar o coñecemento da literatura infantil e xuvenil ao longo de todo o ano e visibilizar e dignificar o papel dos libreiros de Pontevedra como prescriptores e dinamizadores do libro e a lectura.
Relacionadas:
-
O Salón do Libro estrea web, unha nova imaxe e un club de lectura
Por Redacción |
-
Búscase ilustrador para o cartel do Salón do Libro
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Cara a cara: Libraría Paz, innovando na maridaxe cos libros
Por Marisa Ciordia |
-
Mulleres de conto para un Salón do Libro que se internacionaliza con México como país invitado
Por Alejandro Espiño |
-
Presentan 'Mulleres Bravas da nosa historia': Rosalía de Castro e María Victoria Moreno
Por Redacción |