A Sociedade Filharmónica comeza unha nova tempada
Por Redacción
O xoves, día 18, a Sociedade Filharmónica de Pontevedra ofrecerá o seu primeiro concerto da tempada 2012-2013.
Estará a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia que, baixo a dirección do seu titular Víctor Pablo Pérez, ofrecerá obras de Federico Mosquera, Hector Berlioz e Cesar Frank. Como solista actuará a mezzosoprano Jennifer Larmore, que intervirá na obra La muerte de Cleopatra, do compositor francés Hector Berlioz.
Jennifer Larmore é unha destacada mezzosoprano estadounidense, coñecida pola súa versatilidade, beleza e posta en escena. Esta polifacética artista ten un amplísimo repertorio, sobresaíndo nos papeis de colatura do Barroco e o Bel canto, ademais da música dos períodos romántico e contemporáneo. Actuou nos teatros de ópera máis importantes do mundo, como o Metropolitan Opera, a Scala de Milan, ÿpera de París, Berlin Deutsche Oper e o Covent Garden de Londres.
O concerto será no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia e dará comezo ás 20:30 horas.