The Divine Comedy, primeira proposta masculina do ciclo Voices
Por Redacción
The Divine Comedy, banda británica liderada por Neil Hannon, será a primeira e atrainte proposta centrada nunha voz masculina do ciclo Voices cun concerto no pontevedrés Pazo da Cultura o venres 15 de setembro.
Tras seis longos anos de espera, un dos compositores máis singulares e aclamados do pop británico volve á carga con Foreverland, úndecimo álbum de The Divine Comedy formado por 11 cancións ostentosamente melódicas, liricamente audaces e suntuosamente arranxadas que nos falan das relacións humanas cotiás.
“Tal vez esta sexa a miña fase imperial" di Neil Hannon cando fala dun álbum que trata a vida ordinaria cun acompañamento musical extraordinario.
Nado en Derry, Irlanda do Norte, en 1970, e fillo dun bispo da igrexa de Irlanda, Neil Hannon recoñece con bo humor “unhas orixes que posiblemente non son as máis habituais para unha estrela do pop".
Fundador e único membro permanente de The Divine Comedy, acadou a fama durante o auxe do britpop dos noventa cunha fusión lixeiramente absurda de estilos musicais arcaicos, melodías cativantes e letras audazmente enxeñosas. En dúas décadas, dez discos publicou The Divine Comedy entre Comic Muse (1990) e Bang goes the Knighthood (2010).
Os últimos seis anos, sen embargo, Neil Hannon dedicouse a explorar outras vías, chegando a compoñer In May, unha breve pero vigorosa ópera de cámara confeccionada a partir dos textos do dramaturgo alemán Frank Alva Buecheler, ou unha obra para órgano nada como froito do encargo do londinense Royal Festival Hall para estrear en 2014 o seu restaurado órgano e que Neil Hannon dedicó ao seu pai, que sufre alzheimer, titulándoa To our Fathers in Distress.
Neil Hannon también publicou durante este período dous álbums baixo o nome The Duckworth Lewis Method en colaboración co seu amigo Thomas Walsh da banda irlandesa Pugwash.
As entradas están á venda en Ataquilla.com a un prezo de 20 euros máis gastos e, de non esgotarse, dúas horas antes do inicio do concerto na propia billeteira do Auditorio.
Relacionadas:
-
Cheo absoluto no Pazo da Cultura para gozar de The Divine Comedy
Por Diego Torrado |
-
Maika Makovski, unha estrela fascinante, unha rara avis que emociona ao público pontevedrés
Por Diego Torrado & Redacción |
-
The Divine Comedy actuará o 15 de setembro no Pazo da Cultura de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Unha indomable Macy Gray marabilla o público pontevedrés na estrea do ciclo Voices
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |