"Los miércoles no existen", teatro a pé de público en Pontevedra con seis rostros televisivos
Por Alejandro Espiño
Un mesmo texto, dous elencos, 12 actores, dous músicos... Unha comedia romántica a pé de público. ÿ o que ofrece Los miércoles no existen, sen dúbida un das montaxes teatrais máis interesantes da tempada. E apenas un mes despois de estrearse en Madrid inicia unha vira por todo o país que lles traerá a Pontevedra. Será o vindeiro venres 26 de abril ás 21.00 horas na Casa das Campás.
Los miércoles no existen, dirixida por Peris Romano (La sopa boba, Impares) chega a Pontevedra cun reparto composto polos actores Javier Rey (Hispania), Bárbara Grandío, Monica Regueiro, Marta Solaz (Hospital central), Daniel Muriel (Escenas de matrimonio) y Armando del Río (Sin tetas no hay paraíso). Protagonizan unha dramedia romántica e urbana, un puzzle de momentos e situacións en torno á vida de seis personaxes que están a piques de romper coa súa rutina emocional e sentimental.
Son vidas contadas de xeito aleatoria, fragmentada. Sen protagonistas nin secundarios. Non traballan na mesma empresa, nin viven no mesmo edificio, nin sequera todos se coñecen entre si, o que non impedirá que os seus camiños se crucen, alterando sen saber moi ben como, a orde natural ao que están afeitos.
Os personaxes, homes e mulleres entre os 30 e os 40, compoñen un retrato xeracional e comparten a poucos centímetros do público, instantes íntimos e persoais polos que todos pasamos, estamos pasando ou pasaremos nalgún momento.
Los miércoles no existen pretende levar ao teatro, a pé de público, a fórmula cinematográfica das comedias románticas por episodios. Para iso, reuniron a dous elencos distintos que son os encargados de dar vida a un mesmo texto, de forma que, segundo indica a promotora, "igual que as películas poden exhibirse de xeito simultáneo en diferentes cines, grazas aos espazos alternativos e comerciais que proliferaron nos últimos tempos, agora podemos duplicarnos e achegarnos a diferentes tipos de público sen que o resultado final se resinta".