Swing portugués para pechar os concertos da Ferrería
Por Diego Torrado
O swing cosmopolita inspirado nas raíces da música portuguesa da banda musical Orquestrada puxo este domingo o broche de ouro aos concertos organizados durante a última semana na praza da Ferrería como parte da programación das Festas da Peregrina.
A banda lusa congregou na praza a un nutrido grupo de espectadores, que gozaron da proposta musicial que está a gañar adeptos por toda España e Europa tras anos triunfando nos concertos do seu país e presentaron sobre o escenario pontevedrés pezas do seu primeiro disco, Tasca Beat, e da súa última produción, AtlanticBeat Mad'in Portugal.
O cóctel de voces e instrumentos puxeron o acento portugués a este fin de festa que chega tras cultivar éxitos de público en todas as actuacións programadas nesta praza.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara: O swing de Xabier Marqués Solla
Por Marisa Ciordia |
-
Sete agrupacións corais entusiasman ao público na Ferrería
Por Diego Torrado |
-
"Roqueando" co amor e dor de Novedades Carminha e Familia Caamagno
Por Diego Torrado |
-
A sensibilidade de Xabier Díaz e Guadi Galego abraian na Ferrería
Por Cristina Saiz |