Non hai Festas da Peregrina sen man a man das bandas de Pontevedra e Salcedo
Por Diego Torrado
Os amantes das bandas de música teñen unha cita obrigada nas Festas da Peregrina: o man a man que cada ano protagonizan na praza da Ferrería as bandas de Salcedo e Pontevedra. Como xa é habitual, este luns o duelo musical congregou a decenas de persoas, que encheron todas as butacas dispoñibles.
Este cara a cara das dúas bandas locais serviu para mostrar o talento de ambas as agrupacións, que comparten escenario, repertorio e ilusión por este día grande nas Festas da Peregrina. Cultivaron, ademais, un éxito de asistencia, pois xa a media tarde había espectadores agardando nas cadeiras instaladas polo Concello para a cita das 21.00 horas.