Cedofeita recolle nunha exposición os hórreos da parroquia de Lérez
Por Cristina Saiz
A Asociación Sociocultural Cedofeita presentou a exposición "Palleiras de Lérez, despensas tradicionais do agro" na que exhibe duascentas imaxes de hórreos da parroquia.
A mostra poderá visitarse no mosteiro de Lérez ata o próximo día 8.
As concelleiras Carmen Fouces e Pilar Comesaña participaron este venres xunto aos veciños de Lérez na inauguración desta exposición conformada por 12 paneis explicativos.
A exposición abre as súas portas de 11 a 14 e de 19 a 22 horas.