Chega a hora de Alfred Hitchcock aos relatorios do FICBUEU
Por Redacción
Destacados especialistas achegaranse durante o mes de setembro a Bueu para participar das conferencias do Festival de Curtametraxes FICBUEU 2017.
O sábado 9 a partir das 11.00 horas, na xornada inaugural, vai desenvolverse un concerto de bandas sonoras a cargo da Banda de Música Artística e o profesor José Luis Castro de Paz realizará a presentación de 'Noticiario Folk nº1', peza recentemente restaurada que achega a Galicia de 1932 a través de breves reportaxes sobre cultura, deporte ou pesca. Baixo o título 'O cinema republicano en Galicia: Ramón Barreiro e o noticiario Folk' se vai poñer en valor o patrimonio audiovisual e a figura dun dos creadores da produtora de carácter republicando. Un autor que durante tres anos contaba en celuloide os cambios do país.
O domingo 10, no Centro Social do Mar, ás 19.00 horas, os amantes do cinema clásico poderán ver 'Vértigo', a obra de Alfred Hitchcock, que despois será analizada por Castro de Paz, un estudioso da obra do mestre do suspense.
As conferencias continuarán no seguinte fin de semana con "Vivindo en serie. A ficción televisiva non mundo en que vivimos", unha charla que se desenvolve o 16 de setembro ás 12.00 horas no Museo Massó. A profesora Concepción Cascajosa abordará a capacidade de recoller os tempos actuais que as series televisivas han ido incorporando durante as últimas décadas.
Tamén se impartirá unha masterclass "Galicia e Portugal, producir cinema entre os dous lados da fronteira", a cargo do realizador e produtor portugués António Costa.