Quince doutores a exame do público
Por Oskar Viéitez
Pintura, instalacións, escultura ou fotografía é o que se pode ver na exposición que leva por título En plenas facultades. Un total de quince profesores da Facultade de Belas Artes de Pontevedra mostran o seu traballo no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Todos os artistas son doutores en Belas Artes por diferentes universidades, son investigadores docentes.
Esta exposición, comisariada por Anxo Cerviño e Alberto González-Alegre, propón un diálogo entre as diferentes propostas artísticas dos docentes Juan Fernando de Laiglesia, Juan Carlos Meana, Xoán Anleo, Natividad Bermejo, José Chavete, María Luisa Fernández, Yolanda Herranz, Jesús Pastor, Jesús Hernández, Juan Loeck, Juan Luis Moraza, Marina Núñez, Juan Carlos Román, Ana Soler e Javier Tudela.
Para o venres 5 de abril está programada unha visita guiada á exposición. Será ás 19.00 horas.
O grupo estará integrado por un máximo de 30 persoas, polo que os interesados deben inscribirse na secretaría do Museo, ben a través do teléfono 986 804 100 (ext. 42436) ou do correo electrónico secretaria.museo@depo.es.