O teclista Cory Henry ofrece soul e diversión no Festival Internacional de Jazz
Por Diego Torrado
Música electrónica, soul, funk e moita diversión é o que ofreceu na noite deste luns Cory Henry con The Funk Apostles na praza da Ferrería dentro da programación do 25 aniversario do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.
Centos de persoas, con presenza de moitos mozos, seguiron o ritmo deste teclista, que tamén forma parte da agrupación Snarky Puppy. Cory Henry gañou en varias ocasións os premios Grammy e é produtor de músicos como Bruce Springsteen ou Kenny Garrett.
Este martes, 25 de xullo, o vocalista De Robert Adams, acompañado por The Half-Truths, collerá a testemuña na Ferrería para ofrecer o penúltimo concerto grande do Festival. As súas cancións recollen as reivindicacións da clase traballadora e a súa música ten selo propio, o "Nashville Soul". onde se mesturan melodías modernas e evocadoras con elementos rítmicos tradicionais.
Relacionadas:
-
O chorro de voz e a intensidade de DeRobert Adams asolagan a praza da Ferrería
Por Diego Torrado |
-
O jazz rítmico de Santi Quintáns deixa paso á chegada do espectacular Cory Henry
Por Diego Torrado |
-
O jazz salta á Ferrería con Santi Quintáns European Quartet
Por Redacción |
-
RADIO.- Espérase un importante número de público estranxeiro para o XXV Festival Internacional de Jazz
Por Marisa Ciordia |