Miguel Lamas Quartet abre o XXV Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Diego Torrado
Miguel Lamas foi o encargado de iniciar os concertos do 25 aniversario do Festival de Jazz e Blues de Pontevedra. Numeroso público acudía á Praza do Teucro para presenciar este primeiro concerto desta edición. O músico ferrolán á fronte da súa banda presentaba os temas do seu primeiro álbum Melted Lives, publicado en 2016.
O seu bo facer na batería levoulle a tocar con artistas da talla de Raimundo Amador, Miguel Ríos, Abraham Mateo, Tomasito ou David Bustamante e tamén con bandas rockeiras como Obús.
Este sábado, a partir das 22.30 horas, a Praza do Teucro acollerá un novo concerto. Ao escenario subirá Raynald Colom coa banda de músicos galegos SPJ Group. O músico nado en Francia é un dos artistas máis solicitados da escena jazzística peninsular.
Participou en gravacións de autores como Fermín Muguruza, Marcelo Mercadante ou Adrián Iaies. Este trompetista caracterízase pola fusión de diferentes estilos como o flamenco co jazz. Recibiu numerosos premios tanto nacionais como internacionais e nas súas últimas actuacións está a presentar o seu novo proxecto, que leva por título Steel.
Relacionadas:
-
O jazz salta á Ferrería con Santi Quintáns European Quartet
Por Redacción |
-
RADIO.- Espérase un importante número de público estranxeiro para o XXV Festival Internacional de Jazz
Por Marisa Ciordia |
-
O Festival Internacional de Jazz festexa o 25 aniversario con cinema e a estrela Gregory Porter
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |