David Civera, Xabier Díaz e Radio Cos completan co Armadiña Rock os concertos da Festa do Mar de Combarro
Por Redacción
Concello de Poio, Club A Reiboa e a Asociación Armadiña xa dispoñen do programa que conforma a XVII Festa do Mar de Combarro e que se celebrará entre o 23 e o 27 de agosto. Unha convocatoria estival que conxuga gastronomía, música e tradición mariñeira.
Todos os concertos que se ofrecen son gratuítos. O primeiro deles será o 23 de agosto con David Civera, o concerto arrancará ás 23.00 horas na Praza da Chousa. Continuarán á mesma hora e lugar, o xoves 24 con Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre e Radio Cos. O venres 25 de agosto comezará o Festival Armadiña Rock. A proposta musical continuará ao día seguinte e nesta ocasión poderanse ver e escoitar grupos galegos como Herdeiros da Crus e os míticos do rap-metal nacional Def con Dos que estarán ese sábado 26.
O domingo 27 a Orquestra Capital pechará os concertos da Festa do Mar. Esta oferta musical completarase coa V Mostra da Canción Mariñeira na que participan grupos da provincia de Pontevedra e actuacións das bandas folclóricas de Poio, tanto polo conxunto histórico de Combarro como na carpa que se instalará no Peirao da Canteira.
A música conforma así un dos tres alicerces da Festa do Mar, completados coa gastronomía autóctona e a concentración de embarcacións tradicionais.
Relacionadas:
-
Combarro dá a benvida a unha nova edición da Festa do Mar
Por Diego Espiño |
-
A sensibilidade de Xabier Díaz e Guadi Galego abraian na Ferrería
Por Cristina Saiz |
-
A Festa do Mar chega á 17 edición á espera do recoñecemento como evento de interese turístico
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
17 bandas encherán Combarro de potencia sonora no Armadiña Rock
Por Anxo Lourido |
-
O Armadiña Rock completa o cartel da que anuncian como a súa edición "máis ambiciosa"
Por Redacción |
-
Def Con Dos, principal atractivo do festival Armadiña Rock
Por Redacción |
-
A cultura mariñeira vive a súa fin de semana grande en Combarro
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A maior concentración de embarcacións tradicionais do estado tomará Combarro
Por Redacción |
-
Herdeiros da Crus, entre as primeiras confirmacións do Armadiña Rock 2017
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock xerou uns ingresos en Poio de 1,2 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |