Hombres G repasa en Marín os seus grandes éxitos ante un público entregado
Por Redacción & Diego Torrado
Devuélveme a mi chica, Suéltate el pelo ou Marta tiene un marcapasos son algúns dos grandes éxitos do pop español dos 80. Son temas de Hombres G e todos eles soaron no concerto que a banda liderada por David Summers ofreceu onte á noite en Marín.
A súa era unha das actuacións máis esperadas das Festas do Carme e non decepcionaron aos seus fieis seguidores. Centos de persoas, moitas delas chegadas desde municipios de toda a comarca, encheron o Parque Eguren para velos actuar e corearon gran parte dos seus temas.
Ante un público totalmente entregado, Hombres G debullou os grandes éxitos da súa carreira e interpretou tamén algunhas das súas cancións máis recentes.
As Festas do Carme teñen este luns dúas grandes citas. Ás oito e media celebrarase a tradicional procesión de San Cristovo, que sairá desde a igrexa de Santa María do Porto; e ás once, no parque Eguren, haberá unha verbena amenizada pola orquestra Gran Parada.
Relacionadas:
-
Multitudinaria Batalla de Flores para dar a benvida á fin de semana do Carme
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Un pregón cun marcado acento naval inaugura oficialmente as Festas do Carme
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Revisan a seguridade das atraccións de feira das Festas do Carme
Por Redacción |
-
A Escola Naval, protagonista do pregón das Festas do Carme de Marín
Por Redacción |
-
As festas do Carmen traerán a Marín aos Hombres G e a París de Noia
Por Oskar Viéitez |