"Lembranza dun fillo querido, predilecto, desta cidade que tanto amou"
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A cidade de Pontevedra viviu este sábado un día para o recoñecemento e a gratitude que merecen as persoas como Sabino Torres que deixan tras de si un ronsel fecundo de feitos, de ideas, de sentimentos e de emocións.
A súa familia e cantos tiveron a sorte de coñecelo e de compartir con el conversas, proxectos e ilusións, saben que unha das paixóns máis grandes que alimentou na vida foi precisamente Pontevedra, a súa cidade, na que gozaba e gustaba de volver.
Como dixo o alcalde Fernández Lores, a súa foi unha intensa e duradeira relación de amor con Pontevedra. "Seguro que complexa e cambiante, de ida e de volta, mais sempre apaixonada, leal, auténtica, verdadeira", apuntou.
No Café Moderno, os seus, lembraron a Sabino Torres e as súas grandes paixóns: o xornalismo, a literatura, a edición.
Unha xigantesca colleita para Pontevedra e para as letras galegas como promotor, animador, editor, poeta, narrador, articulista, ensaista que o Concello quixo agradecer e recoñecer co nomeamento como fillo predilecto da súa cidade.
Carmen e María Torres, irmá e filla respectivamente do homenaxeado, acompañadas dos sobriños Gerardo e Miguel Lorenzo, recibiron o título, a placa e a insignia de Fillo Predilecto.
Sabino deixou unha inmensa herdanza colectiva de feitos, de obras, de sentimentos e de emocións.
"Coa concesión do titulo de fillo adoptivo de Pontevedra damos o primeiro paso desta tarefa, a de manter vivo o seu legado e a de pagar a grande débeda que para sempre esta cidade ten con Sabino Torres Ferrer", rematou Fernández Lores.
Relacionadas:
-
RADIO.- A "Mimitos" regresa a Pontevedra... a través da cámara de Manolo Yáñez
Por Marisa Ciordia |
-
Pontevedra entregará este sábado á familia de Sabino Torres o título de fillo predilecto
Por Redacción |
-
Sabino Torres, novo fillo predilecto de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Sabino Torres será nomeado fillo predilecto de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra rende a súa primeira homenaxe ao falecido Sabino Torres
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Pontevedra renderá homenaxe a Sabino Torres coa presentación da revista Olga, o seu último proxecto editorial
Por Redacción |
-
A corporación apoiará o nomeamento de Sabino Torres como fillo predilecto de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Diego Torrado & Mónica Patxot |
-
Falece en Madrid o escritor e editor pontevedrés Sabino Torres
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Sabino Torres retrata a Pontevedra 1936-1969 en "Crónicas dun tempo escondido", o seu novo libro
Por Diego Torrado |