A UNED de Pontevedra presenta cinco cursos de verán
Por Oskar Viéitez
O centro asociado á UNED en Pontevedra presentou este xoves os seus cursos de verán. Son cinco propostas formativas que terán lugar do 12 ao 14 de xullo e que teñen como obxectivo achegar a universidade á sociedade a través dunha proposta cunha ampla variedade temática.
O Concello de Pontevedra e a Deputación comprometéronse, mediante a firma dun convenio de colaboración anual para a celebración dos cursos de verán, a realizar unha achega de 9.400 euros e 5.000 euros respectivamente.
Os cursos son:
- A antropoloxía en casa. Traballos de campo sen exotismo
- Arte e lenda no Camiño de Santiago
- Aprendizaxe ubicuo e móbil
- Violencia, agresividade e resolución de conflitos
Ademais o centro asociado á UNED de Pontevedra organiza un ano máis un curso de verán no centro penitenciario da Lama. A actividade Técnicas e medios para a inserción laboral na sociedade do coñecemento ten como obxectivo facilitar a integración futura dos reclusos no mercado laboral.
A matrícula nestes seminarios, que reunirán a case medio centenar de investigadores e expertos de todo o territorio nacional en Pontevedra, deberá realizarse a través de internet. Todas aquelas persoas que realicen a súa preinscrición antes do 1 de xullo poderán beneficiarse dun 15% de desconto.
Relacionadas:
-
Conclúen os cursos de verán da Uned con incremento de asistencia e inscrición
Por Redacción |
-
Criminoloxía, novidade nunha UNED Pontevedra que abre o seu prazo de matrícula
Por Redacción |
-
A aula da UNED en Portas é xa unha realidade
Por Oskar Viéitez |
-
A UNED dá luz verde a crear unha aula en Portas e un grao de criminoloxía
Por Redacción |
-
O dereito laboral, protagonista de dúas novas propostas formativas en UNED Pontevedra
Por Redacción |