Dani de la Torre rodará en Pontevedra "1921. La ley del plomo", a súa nova película tras "El desconocido"
Por Alejandro Espiño
Tras as rodaxes das series de televisión Fariña e Vivir sin permiso, que comezaron a gravarse nos últimos días, as Rías Baixas serán de novo protagonistas dun novo proxecto audiovisual. Neste caso, na gran pantalla. O director Dani de la Torre rodará en Galicia parte da película 1921. La ley del plomo, o seu primeiro proxecto tras El desconocido.
Segundo puido saber PontevedraViva, varias escenas rodaranse na cidade de Pontevedra. Nos últimos meses, un equipo de produción estivo visitando varias localizacións nas que se prevé rodar esta película. O propio Dani de la Torre supervisou estes traballos na cidade.
De feito, o equipo foi visto recentemente nas inmediacións do paseo de Montero Ríos, na Alameda. Ese será un dos lugares onde se ambientará esta produción. En concreto, o instituto Valle Inclán. A película tamén se gravará no Pazo de Lourizán.
Desde a Pontevedra Film Comission xa comenzaron a tramitar os permisos para a rodaxe.
En 1921. La ley del plomo, o director galego volverá contar coa produción de Vaca Films e Atresmedia Cinema. A película baséase nun guión de Patxi Amezcua (Séptimo) e estará protagonizada polo actor galego Luís Tosar.
Con este filme, o segundo de Dani de la Torre tras o éxito abafador de El desconocido -película rodada na Coruña-, os espectadores gozaremos cunha historia de gángters que nos trasladará á Barcelona dos anos 20. Retratará os coñecidos como anos do chumbo, cando pistoleiros e anarquistas armados tiroteábanse a diario, chegando a 30 mortos ao día.
Segundo a sinopse oficial facilitada por Vaca Films, en 1921 España está en crise e moitas cidades están sumidas no caos polos continuos enfrontamentos entre pistoleiros, matóns, anarquistas e policía corrupta.
Un tren de mercadorías que transporta armamento é atracado á súa chegada a Barcelona. O axente Aníbal Uriarte chega á cidade para colaborar coa policía local e deter aos culpables do roubo. A violencia pódese estender por todo o país, pero Aníbal non atopará moito apoio entre os seus compañeiros.
Espérase que os produtores da película desvelen máis detalles da película nas próximas semanas, xa que se prevé que a rodaxe comece en breve.
Tanto é que así que xa se convocaron varios castings en Galicia para buscar figurantes que queiran saír na película. Por agora, hai citas confirmadas na Coruña, Lugo, Santiago, Monforte e Pontevedra. No caso da cidade do Lérez será o vindeiro mércores 21 de xuño, nun lugar aínda por confirmar.
Relacionadas:
-
RADIO.- Elvira Mínguez debuta cunha novela na que dúas mulleres libran unha guerra de poder e vinganza
Por Marisa Ciordia |
-
Luis Tosar pasea por Montero Ríos recreando a Barcelona dos anos 20
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
A rodaxe da película 'La sombra de la ley' revoluciona o centro da cidade
Por Diego Espiño |
-
O instituto Valle Inclán, unha comisaría de cinema
Por Diego Espiño |
-
Os narcos de "Fariña" pechan rúas en Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
Amil, escenario de cinema para a rodaxe de 'Trote'
Por Redacción |
-
De "1921. La ley del plomo" a "La sombra de la ley": así é a película que Dani de la Torre rodará en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra convértese en Oeste para os seis meses de rodaxe de "Vivir sin permiso"
Por Alejandro Espiño |
-
Todos queren ser narcos en 'Fariña'
Por Mónica Patxot |
-
Telecinco rodará nas Rías Baixas a serie "Vivir sin permiso" con José Coronado e Álex González
Por Alejandro Espiño |
-
Os narcos do Salnés saltan a televisión con "Fariña", a nova serie de Antena 3
Por Alejandro Espiño |