O escritor pontevedrés Guillermo Cerviño asina exemplares de 'Los secretos de Sara' na Feira do Libro de Madrid
Por Redacción
O autor pontevedrés Guillermo Cerviño Porto, colaborador en PontevedraViva coa publicación de relatos na Voz do Inerte durante 2015, asinou exemplares da súa novela Los secretos de Sara na Feira do Libro 2017 en Madrid.
O escritor ocupaba a caseta 345 da editorial Verbum e estivo acompañado por Frederick A. de Armas, catedrático de literatura na Universidade de Chicago, na que ocupa a praza de profesor de Humanidades e exerce como profesor de Español e de Literatura Comparada. Este autor publicou o seu último traballo, El Abra del Yumuri, coa editorial Verbum.
Guillermo Cerviño indica que foron numerosas as persoas que se achegaron pola caseta para interesarse pola súa novela, Los secretos de Sara, na que a trama transcorre en Pontevedra e onde a protagonista de 17 anos ten diversas experiencias co amor e cunha sociedade hipócrita.