Eladio y los Seres Queridos despedirán a xira "Están Ustedes Unidos" en Pontevedra, Vilagarcía e O Grove
Por Alejandro Espiño
Eladio y los Seres Queridos ofrecerán nos próximos meses o que serán, probablemente, os seus últimos concertos da xira Están Ustedes Unidos. Un disco que lles levou a percorrer gran parte da xeografía do noso país. Festivais, salas e teatros foron testemuñas do directo desta gran banda que con cada paso faise máis sólida e compacta. E volverano a facer a partir do 13 de abril.
E Pontevedra será unha das paradas desta última etapa. Será o próximo 4 de maio na Sala Karma. Aínda que tamén poderemos gozando da súa música en Ferrol, Vigo, O Porriño, Cangas, Melide, Baiona, O Grove (8 de xuño no Náutico de San Vicente do Mar) e Vilagarcía (12 de xullo na Sala Sama Sama). Será o aperitivo ao seu terceiro disco en cuxa preparación xa están inmersos.
Con Están Ustedes Unidos (Esmerarte, 2011), Eladio y los Seres Queridos iniciaron unha nova viaxe musical. Eladio Santos, á cabeza da formación, é un artista imprescindible que milita na liga do contra estilo, a contra tendencia e a atemporalidade. A súa naturalidade sen complexos fai que o difícil resulte asequible para varias xeracións. Sen dúbida, unha das grandes esperanzas para a rexeneración artística da escena nacional.
Unha colección de cancións que falan por si mesmas da madurez e depuración do grupo, nun momento de esplendor creativo: Letras e melodías clásicas de pop universal, sen trampa nin cartón, con austeros arreglos perfectamente situados na produción por Manuel Colmenero e Javier Carretero, que colaboraron na produción de éxitos como Un día en el mundo, de Vetusta Morla, recibindo unha gran acollida, tanto por parte do público como pola crítica especializada