Oito grupos na busca do triunfo: chega o Fest 2013 do Local de Música
Por Alejandro Espiño
Pontevedra quenta motores para o Fest 2013, un concurso organizado polo Local de Música que pretende promocionar a emerxente escena musical pontevedresa. En total, serán oito grupos ou artistas os que optarán por facerse cos dous premios que se concederán, a gravación dun videoclip e a posibilidade de ofrecer un concerto en Pontevedra. Todo decidirase este sábado 23 de marzo, a partir das 17.30 horas, no Teatro Principal.
Os finalistas elixidos polo xurado, listados por orde alfabético, son:
Comezou a súa carreira no ano 2000 como vocalista da banda Vado Permanente, na que permanece ata a súa disolución no 2005. Un ano despois embárcase nun novo proxecto, The Preachers Of Rock & Roll, e no 2010 súmase á veterana banda de rock Sugar Mountain. Afronta agora a súa carreira en solitario cun repertorio no que conviven temas propios con versións de artistas da talla de Bob Dylan, The Beatles, Chris Robinson ou The Rolling Stones.
ÿ un grupo musical de estilo metal/hardcore que naceu no 2007 baixo o nome de Ennyo. Son de Arcade (Soutomaior). Tras participar en numerosos concursos e eventos musicais, entre eles o Ben Veñas Maio de Pontevedra no que se fixeron co primeiro premio nese mesmo ano, Aitor, Alfonso e Damián, tres dos seus membros, decidiron recentemente retomar este proxecto tras un parón provocado pola marcha dos seus guitarristas. Actualmente, están preparando a gravación do seu primeiro disco.
En xaneiro de 2012 saíu á luz o primeiro álbum desta nova formación, titulado Uno, con Nagai á cabeza e dando tamén nome ao grupo. Completamente autoeditado, neste disco respírase a crueza do blues, bebendo de artistas como Stevie Ray Vaughan, Jonny Lang, Scott Henderson ou Jimmy Hendrix, e introducindo elementos do jazz, funky ou o rock progresivo. Durante este ano recibiron varios premios en diferentes certames musicais.
Nace a finais do 2012 cando a súa vocalista, Mery Janis (Swallow´s Kiss), decide volver aos escenarios. O proxecto toma forma cando o seu camiño crúzase cos de Héctor Pintos e Sito Amestoy, actuais compoñentes de The Grave Dolls. A banda diríxese cara ao rock psicodélico e ao mesmo tempo máis clásico das décadas dos 60 e 70, sen perder de vista o blues, tal e como facía o rock da época, nin os ritmos da música negra. Unhas cantas pinceladas do grunge e a música dos 90 completan a mestura de influencias.
ÿ un dúo pontevedrés que leva facendo garage blues punk desde 2008 inspirados en bandas como Flat Duo Jets, Immortal Le County Killers, Black Keys ou The White Stripes. Toda a súa experiencia musical a nivel persoal levoulles a realizar un estilo musical que vai desde o blues mais sureño pasando polo garage e o punk máis primitivo. Tras gravar varias maquetas, no 2012 gravan e producen eles mesmos o disco Too blues to be punk, too punk to be blues.
ÿ unha banda de Vilagarcía de Arousa que se formou baixo o amparo do local de ensaio municipal. Desde o principio apostaron por un estilo próximo ao indie pop, co que traballaron as súas propias ideas, deixando nun segundo plano as versións. Editaron o seu primeiro EP no 2011 tras gañar un premio no primeiro certame de bandas locais da capital arousana e chegaron a compartir cartel con xente como The Right Ons ou Xoel López.
ÿ unha formación que se establece en xuño de 2012. Nela atopamos exmembros de Sugar Mountain e Lysergic Proyect. Aseguran que o seu estilo é o hard rock e que todos os seus temas son propios, aínda que nalgún dos seus concertos recoñecen interpretar algunha versión de cancións doutros grupos. En breve, entrarán en estudo para gravar o seu primeiro EP.
Comezaron a súa andaina hai tres anos facendo versións dos seus grupos favoritos: Metallica, Judas Priest, Avenged Sevenfold ou Bullet For My Valentine, entre outros. Pero agora, deixando ao carón as versións, contan xa con once temas propios. Foron os ganadores do certamen Ben Veñas Maio 2012 e afirman que o seu próximo proxecto consiste na gravación do seu primeiro disco e dun videoclip.
Na final deste sábado os grupos seleccionados realizarán unha breve actuación para que primeiro o xurado e logo o público adxudiquen os dous premios en xogo. O primeiro, o do xurado, consistirá na gravación dun videoclip cunha productora profesional por valor de 1.000 euros, mentres o público decidirá quen gaña unha actuación remunerada na cidade que servirá como clausura de Noites Abertas 2013.
A iniciativa, promovida polo Área de Xuventude do Concello, pretende ofrecer aos grupos noveis a oportunidade de darse a coñecer e empezar a desenvolver a súa carreira artística.