Anni B. Sweet presenta na Sala Karma "Ridiculous Games", o seu novo traballo discográfico
Por Alejandro Espiño
Poucos concertos son tan oportunos como o que protagonizará Anni B. Sweet na Sala Karma. E é que non é habitual que una das artistas máis recoñecidas da escena 'indie' española chegue a Pontevedra apenas dous días despois de editar o seu novo traballo discográfico. Neste caso, un EP titulado Ridiculous Games, que estreará en directo este venres 22 de marzo a partir das 22.30 horas.
Ridiculous Games (Subterfuge, 2013) é un EP composto por catro cancións que esta nova artista, de tan só 25 anos, compuxo na etapa do seu segundo álbum Oh, Monsters! e que quedaron fóra deste. Anni gravounas agora, con novos arreglos e novas ideas, en La Buhardilla de Granada con Noni de Lori Meyes e David Sutil, enxeñeiro de son dos granadinos.
O dreampop de Land e a fronteriza Cruel City profundan en novas paisaxes sonoras para Anni B. Sweet. Estas dúas novas cancións acompañan a Ridiculous Games, terceiro single extraído de Oh, Monsters! que dá título ao álbum. A guinda a este EP pona unha versión acústica de Religión, contestatario tema de Lori Meyers que fala do desvalidos que estamos ante a manipulación dos poderosos.
En todo caso, a maior parte deste concerto xirará en torno ás cancións do segundo álbum de Anni B. Sweet, Oh, Monsters! (Subterfuge, 2012), no que a artista malagueña incluíu 14 belas cancións, das que é compositora, letrista e coprodutora. Un traballo que lle permitiu demostrar que a súa irrupción na escena musical española non foi casual, algo que lle axudou a recibir recientemente o Premio Día de Andalucía "pola súa extraordinaria carreira musical".
As entradas para asistir a este concerto, que teñen un prezo de 10 euros por anticipado e 14 na billeteira, pódense adquirir nos puntos de venda habituais: Rei Zentolo Pontevedra, Pequeño Karma, www.ticketea.com e www.entradasgo.com.