Maika Makovski, a seducir o público pontevedrés o 19 de maio no Pazo da Cultura
Por Alejandro Espiño
Tras catro anos sen gravar, Maika Makovski regresa á primeira liña musica cun novo disco, Chinook Wind, que presentará este venres 19 de maio, a partir das 21.00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra. No concerto estará acompañada do Brossa Quartet de corda.
Maika Makovski, a quen chegaron a describir como "musa do underground e unha das voces con máis autoridade do rock", é unha polifacética artista, compositora, cantante e actriz, que xa amosou o seu talento e actitude dende moi nova.
Con este disco, a artista completa unha etapa marcada por incursións no mundo do teatro, un tempo no que tamén actuou e compuxo música. Volve con enerxías renovadas, un volcán de dimensións únicas na escena rock nacional, pero retorna, como algúns din, para rockear menos cun disco -o seu sexto álbum- magnético, turbio e doce ao mesmo tempo.
O disco Chinook Wind é unha celebración de arte e sensibilidade, unha abraiante colección de cancións que beben da mesma fonte do seu talento extraordinario.
Chinook Wind é unha selección de cancións que Maika Makovski, de nai andaluza e pai macedonio, compuxo tras regresar dunha viaxe a Macedonia na que explorou a fondo directamente nunhas raíces que ata daquela só coñecía dende a distancia.
Sobre o escenario, con ela, o Brosa Quartet de corda, unha formación catalá coñecida por levar a escena pezas musicais que, no seu momento, foron contra o canon e, incluso, menosprezadas e que busca en todas as súas iniciativas o dialogo entre diferentes disciplinas artísticas e estilos musicais.
As entradas para este concerto, que teñen un prezo de 17 euros por anticipado e 20 na billeteira, están á venda en ataquilla.com.
Relacionadas:
-
The Divine Comedy actuará o 15 de setembro no Pazo da Cultura de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Unha indomable Macy Gray marabilla o público pontevedrés na estrea do ciclo Voices
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Maika Makovski súmase a Voices, o novo ciclo musical do Pazo da Cultura
Por Alejandro Espiño |