Marín acollerá diversas actividades polo Día das Letras Galegas
Por Redacción
Marín acollerá diversas actividades polo Día das Letras Galegas.
Este domingo día 14 de maio, no multiusos da praza de abastos, terá lugar o concerto de corais organzado pola Coral Lembranzas, no que ademais desta polifónica marinense, tamén actuarán a Coral Frol Nova e o Coro Diapasón.
O día 17, ás 12:00 horas, terá lugar a entrega dos premios do XIX concurso de poesía de escolares e de adultos Concello de Marín, coa lectura dos traballos gañadores. Ao finalizar o cuarteto Picuiña vai rendir unha homenaxe a Manolo "Cristos", falecido recentemente.
Esta formación coñecida como Os Marañóns acompañou á Danza das Espadas de Marín dende os anos 40 ata finais dos sesenta. Manolo tocaba o bombo, o seu pai, "Cristos", a gaita e o seu tío Lisardo, "Marañón", o tamboril. Eles xunto con outra xente foron partícipes da supervivencia da danza transformando a danza gremial bailada exclusivamente por mariñeiros nunha danza bailada pola mocidade do pobo.
Seguidamente, terá lugar o acto de entrega do III Certame de Relato Curto "Marín conta", organizado polo Ateneo Santa Cecilia.
O día 2 de xuño, no museo Manuel Torres, haberá unha conferencia do presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, que versará sobre a figura de Carlos Casares, tamén organizado polo Ateneo.