Presentan 'Mulleres Bravas da nosa historia': Rosalía de Castro e María Victoria Moreno
Por Redacción
O Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra presentará este xoves 11 de maio ás 19.30 horas a colección 'Mulleres Bravas da nosa historia', que nos seus primeiros volumes estarán dedicados ás escritoras Rosalía de Castro e María Victoria Moreno.
O acto contará coa presenza das escritoras Eli Ríos e María Lado; a ilustradora Eva Agra e a editora de Urco, Andrea Jamardo. Tamén asistirá a este evento a escritora pontevedresa e académica da Real Academia Galega, Fina Casalderrey.
A colección está composta por unha serie de libros infantís que relatan a vida e a obra das escritoras, que dedicaron a súa vida á cultura e á evolución de Galicia. Estes exemplares ofrecen unha perspectiva de xénero e unha visión feminista co obxectivo de facer visibles a estas mulleres e a relevancia das súas publicacións.
A iniciativa parte da Libraría de Mulleres Lila de Lilith e de Urco Editora.
Relacionadas:
-
Outubro, un mes enfocado na formación para promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes
Por Natalia Puga |
-
Os concelleiros estudarán cambiar o nome da rúa Fernández Ladreda por María Victoria Moreno
Por Redacción |
-
"A túa librería recomenda", novo espazo virtual do Salón do Libro de Pontevedra de recomendacións literarias
Por Redacción |
-
Freixanes espera que Pontevedra teña especial protagonismo nas homenaxes de 2018 a María Victoria Moreno
Por Redacción |