A Revolución Irmandiña arranca o ciclo Summum con "O poder do arcabuz"
Por Cristina Saiz & Redacción
O ciclo Summum iniciouse este sábado cunha revolución, a Irmandiña. Música e danza, tradicional e contemporánea, en gran formato, no musical ‘O Poder do Arcabuz’.
Con case cen artistas en escena: 35 bailaríns, 20 músicos e 40 persoas no coro, o Pazo da Cultura recreou a historia da maior revolta europea do século XV, que foi derrotada finalmente polos nobres, que traían a primeira arma que usaba a pólvora: o arcabuz
Quique Peón definiu a proposta da súa compañía coma "un espectáculo ambicioso, un proxecto apaixoante e arriscadísimo, con cen artistas en escena, froito dun empeño moi especial en poñer en valor as nosas músicas e as nosas danzas".
A compañía Quique Peón e o grupo de música e baile tradicional Xacarandaina fusionaron distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días.
No Pazo da Cultura amosáronse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais (de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de donas e galáns...), empregando un amplísimo abano de movementos folclóricos que evolucionan até os nosos días e que serviron para relatar o que se quería contar en cada momento.
Sen embargo, a danza contemporánea tamén estivo presente na obra, non tanto na súa linguaxe como no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar os sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación.
A música, dirixida por Pedro Lamas, foi un eixo fundamental do espectáculo e elemento de cohesión entre as diferentes pezas.
Relacionadas:
-
Héctor Alterio puxo con "El Padre" o broche de ouro a unha nova edición de Summum Teatro
Por Redacción |
-
Gabino Diego e Teté Delgado 'intercambian' risas no Pazo da Cultura
Por Diego Torrado |
-
Gabino Diego: "Temos un equipo fantástico en El intercambio, un all star da comedia"
Por Alejandro Espiño |
-
Marta Hazas: "En '5 y acción' temos un seguro de risa. Non é broma. Se non ris devolvémosche os cartos"
Por Alejandro Espiño |
-
"O poder do arcabuz" recupera a revolta irmandiña para o inicio do ciclo Summum
Por Alejandro Espiño |
-
Carlos Sobera, Teté Delgado, Gabino Diego, Héctor Alterio e danza, protagonistas do ciclo Summum
Por Anxo Lourido |