Carlos Sobera, Teté Delgado, Gabino Diego, Héctor Alterio e danza, protagonistas do ciclo Summum
Por Anxo Lourido
O ciclo Summum ofrece na edición de 2017 catro espectáculos no Pazo da Cultura entre os meses de abril e xuño. Este luns, a concelleira de Cultura Anxos Riveiro presentaba estas montaxes que contan con coñecidos intérpretes do panorama nacional e internacional.
O sábado 29 de abril, a partir das 21.00 horas, os espectadores poderán gozar do Día da Danza con 'O Poder do Arcabuz', un musical elaborado por Quique Peón e o grupo de música e baile tradicional 'Xacarandaina'. Este espectáculo conta con 33 bailaríns, 24 músicos e 40 integrantes do coro, que recrean a Revolución Irmandiña que se desenvolvía en Galicia durante a Baixa Idade Media. As entradas pódense adquirir xa en Ticketea ao prezo de 14 euros máis gastos de tramitación.
En maio, dúas obras teatrais ofrecerán humor no Pazo da Cultura. O domingo 7 de maio, Carlos Sobera, Marta Hazas, Javier Veiga, Marta Belenguer e Ana Raio ofrecen a comedia de enredo '5 y acción'.
O sábado 27 de maio, Gabino Diego e Teté Delgado ofrecen en 'El Intercambio' unha comedia chea de divertidos gags centrada no intercambio de parellas.
Por último, Héctor Alterio será encargado de pechar o ciclo Summum coa representación de 'El Padre', unha farsa tráxica na que se analiza a perda da realidade na etapa da vellez.
Para estes tres últimos espectáculos teatrais, as entradas xa están á venda ao prezo de 20 euros máis gastos de tramitación en Ataquilla.
A concelleira de Cultura destacou a alta participación ás sesións escénicas que se programen nos escenarios de Pontevedra e sinalou que é "o mellor público do mundo".
Relacionadas:
-
O actor Héctor Alterio pechará este sábado o ciclo Summum Teatro con 'El Padre'
Por Redacción |
-
Gabino Diego e Teté Delgado 'intercambian' risas no Pazo da Cultura
Por Diego Torrado |
-
Carlos Sobera con '5 y Acción' enche o Pazo da Cultura de 'Summum Teatro'
Por Diego Torrado |
-
Marta Hazas: "En '5 y acción' temos un seguro de risa. Non é broma. Se non ris devolvémosche os cartos"
Por Alejandro Espiño |
-
A Revolución Irmandiña arranca o ciclo Summum con "O poder do arcabuz"
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
"O poder do arcabuz" recupera a revolta irmandiña para o inicio do ciclo Summum
Por Alejandro Espiño |