Surfing the Lérez, nomeado como mellor festival aos Premios Galegos da Música
Por Alejandro Espiño
O festival Surfing the Lérez opta ao seu primeiro gran recoñecemento. É un dos eventos que opta a converterse no mellor festival do ano na cuarta edición dos Premios Galegos da Música, que se entregarán o próximo 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Os seus rivais serán o Nigranjazz e o Festival de Pardiñas, segundo se desvelou tras unha festa celebrada este xoves en Cambados.
Como vén sendo habitual, a Illa das Esculturas será o escenario no que se celebre, xa o 17 de xuño, a sétima edición do Surfing the Lérez. Ata o de agora, xa se confirmaron as actuacións de Pájaro, Os Amigos dos Músicos, Glitter&Litter, Bala, Dois e Los Vinagres.
Ademais, o marinense Davide Salvado tamén volve a optar a este premio, dous anos despois de gañalo. Será na categoría de música tradicional galega, onde comparte quenda con Tanxugueiras e Xosé Lois Romero e Aliboria.
Os nomeados do resto de categorías son:
- Pop e indie: Os Amigos dos Músicos / Berlai / Xoel López
- Rock: Brais Morán / The Soul Jacket / Agoraphobia
- Jazz e músicas improvisadas: Iago Fernández / Alberto Vilas / Miguel Lamas Quartet
- Hip hop e músicas urbanas: Maladrómeda / García Mc / Wöyza
- Clásica e contemporánea: Alberto Vilas / Roberto Oliveira / Alejo Amoedo
- Folk: Cuarteto Caramuxo / Vaamonde, Lamas e Romero / Os d’Abaixo
- Músicas do mundo: Uxía / Tangata / Talabarte
- Música infantil: María Fumaça – Aire! / A Gramola Gominola / Pesdelán
- Música electrónica: Malvares de Moscoso e J.CNNR / 2Pas0s / Pálida
- Metal: Aphonnic / Tälesien / Raiba
- Reggae, ska e mestizaxe: Dakidarria / O Sonoro Maxín / Bush Doctors
- Orquestras e música de verbena: Los Satélites / Poceiro Big Band / Áureas en Voga
- Blues, funk e soul: Carmen Rey / VooDoo / The Lakazans
- Canción de autor: Sonia Lebedynski / Tatán Chapeu / Xoán Curiel
- Coros e grupos vocais: Encaixe / Sisters in the House / Ejazz
- Salas: A Pousada das Ánimas / Sala Mardi Gras / Garufa Club
- Espazos de comunicación musical: ZigZag-TVG / Gzmúsica / Onda Vital-Radio Galega
Os proxectos finalistas foron escollidos polas socias e socios das asociación Músicos Ao Vivo mediante votación online entre un total de 449 proxectos inscritos. Agora será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, o que decidirá os proxectos premiados en cada unha das categorías.
Relacionadas:
-
RADIO.- Unha aldea tiki instálase na romaría do rock and roll
Por Marisa Ciordia |
-
Surfing The Lérez triunfa nos Premios Galegos da Música como mellor festival
Por Alejandro Espiño |
-
Surfing the Lérez xa ten cartel: Lucy and the Rats, Los Deltonos, Bala, Pájaro, Malandrómeda e moitos máis
Por Alejandro Espiño |
-
Os Premios Galegos da Música regresan a Pontevedra cargados de novidades
Por Redacción |
-
A sétima edición do festival Surfing the Lérez xa ten data: o sábado 17 de xuño
Por Alejandro Espiño |