O pintor Manuel Ruibal presenta a súa fauna artística
Por Redacción
O auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra encheuse de público na noite deste mércores interesado en ver de preto o fascinante mundo animal que o artista pontevedrés Manuel Ruibal presenta un libro fascinante: La fauna en la obra de Ruibal.
Durante a presentación proxectáronse as obras nunha pantalla e foron comentadas polo creador que compartiu o escenario co comisario Tomás Paredes, o impresor Carlos Ocampo e o crítico de arte, Alberto González-Alegre. Desta colección sairán dúas edicións, unha de cincocentos exemplares ao prezo de setenta euros e outra de cen números para coleccionistas cunha serigrafía exclusiva con certificado notarial que contará cun prezo de seiscentos euros.
Ambas as dúas edicións están moi coidadas, realizadas por Gráficas Anduriña, e ofrecen mesmo un despregable que contén acerca de 170 imaxes de toda a súa obra tanto en debuxo coma en pintura e escultura. Recóllense recreacións de galiñas, gatos, xirafas, peixes e serpes.