Concerto das pontevedresas Mushu como aperitivo ao Galegote Rock
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
O Galegote Rock chega a súa sexta edición mantenendo a súa liña de promocionar a grupos de diferentes estilos con letras en língua galega. A primeira das citas musicais tiña lugar este mesmo venres desde as 18.00 horas na Casa da Luz.
Alí, o grupo pontevedrés Mushu, formado por alumnas dos mestres Gayoso e Gonzalo Maceira, promotor dos Furious Monkey House, presentaban os seus temas como anticipo do que se poderá ver durante os días 27, 28 e 29 de abril en distintos locais e espazos do centro histórico da cidade con entrada libre.
Nesta edición participan 13 grupos e unha das principais novidades será a venda dunha cervexa de edición especial para o Galegote Rock, que se presentará o 20 de abril. Ese mesmo día haberá outro adianto musical coa actuación de Arturo Delgado "Querido Extraño" en The Basset Beer Club. O músico pontevedrés ofrecerá diferentes estilos desde o rock ao folk nun concerto acústico.
O xoves 27 de abril, a partir das 21.00 horas en O Grifón actuarán os composteláns Oh! Ayatollah e ás 22.30 horas no Pequeño ofrecerán un concerto os vigueses Lamprea Explosiva.
Durante o venres 28, O Diaño acollerá ás 21.30 horas o pontevedrés Miguel Alberte e Banda. Ás 22.45 o Pub Lego ofrecerá o concerto de Eu Son Vodoo, da Coruña, unha banda que se move entre o soul ao rock progresivo.
O concelleiro Alberto Oubiña e o organizador do Galegote, Marcos Rivas durante a presentación destacaban o nivel dos grupos e a variedade de actividades que se van desenvolver o sábado 29 de abril.
• 12.00 horas. Rúa Marquesa: O Fillo do Fiusa DJ (Pontevedra) e Dani Moure (Pontevedra)
• 13.00 horas. Praza de Santa María: Eladio y los Seres Queridos. Presentan 'Cantares', proposto para os Premios MIN da música independente
• 14.15 horas. Praza da Pedreira: Mike Grelo e Curmán (Pontevedra)
• 16.00 h alto de San Francisco-Praza de Ourense: Güintervan (Galicia)
• 17.10 h plaza Curros Enríquez: Malandrómeda (Santiago de Compostela)
Na Plaza da Pedreira, que será o centro neurálxico de todas as actividades, actuarán:
• 18.20 horas. Atrás Tigre (Santiago de Compostela)
• 19.30 h Chicharrón (Carballo)
• 20.40 h Terbutalina (Galicia)
Ese mesmo sábado 29 tamén haberá programación infantil na praza da Pedreira:
• 12.30 h Xogos tradicionais e xincana
• 17.00 h Contacontos
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Mushu: gardiás do rock en feminino
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- A playlist de... Furious - Mariña e Irene - Monkey House
Por Marisa Ciordia |
-
Un festival de música nas rúas e prazas da man do Galegote Rock
Por Cristina Saiz |
-
A música en galego resoa en toda Pontevedra co Galegote Rock
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |