O Salón do Libro recibe máis de 10.000 visitantes en nove días
Por Redacción & Diego Torrado
O XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra segue a bater todos os récords. Nos nove días transcorridos entre a súa apertura o venres 10 e este domingo 19 de marzo, máis de 10.000 persoas pasaron xa polo Pazo da Cultura, 6.000 nesta última semana.
Deses 10.000 visitantes, a maioría procede de Pontevedra, pero tamén entran no listado dos principais lugares de procedencia localidades como Vigo, Marín, Vilaboa, Cangas, Vilagarcía, Salceda de Caselas ou Baiona. Ademais, os organizadores teñen rexistrados datos de familias chegadas tamén doutros puntos da xeografía galega como Boiro, Santiago, A Coruña, Carral, Xinzo de Limia ou Vilalba.
Segundo os datos oficiais aportados pola organización, a cifra de asistentes inclúe tanto ao alumnado e profesorado de centros educativos que participou nas actividades para escolares como de público en xeral que acode aos actos programados para as distintas idades.
O espectáculo de Migallas Teatro 'Canta connosco!' foi un dos máis exitosos, ao dar cita no auditorio do Pazo da Cultura este sábado 18 a preto de 600 espectadores.
A organización recorda que este luns será o último día de obradoiros para os 50 centros que colaboraron cos traballos da exposición, pero as visitas guiadas e espectáculos continuarán tódalas mañás dos días laborais ata o 31 de marzo.
Relacionadas:
-
O Salón do Libro entra na recta final
Por Redacción |
-
Espectacular estrea de 'Pum Pum!' da compañía pontevedresa Baobab Teatro no Salón do Libro
Por Mónica Patxot |
-
Cerca de 22.000 visitantes dende o comezo do XVIII Salón do Libro
Por Redacción |
-
22 propostas para a fin de semana sen saír do Salón do Libro
Por Oskar Viéitez |
-
A Banda de Música de Pontevedra aporta a súa creatividade no Salón do Libro en 'Peer Gynt'
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Danza da choiva no Salón do Libro "para que veña a auga que tanto necesitamos"
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Abre as súas portas o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Por Redacción |