A webserie Clases do social, primeiro proxecto da Pontevedra Film Commission
Por Anxo Lourido & Diego Torrado
Santi Romay, o novo actor coñecido polos seus traballos en Matalobos e Mareas Vivas, é o protagonista da webserie Clases do Social que comezará a rodarse este xoves 14 no IES Sánchez Cantón. O proxecto inclúese dentro da Pontevedra Film Commission, a proposta coa que a concellaría de Turismo pretende converter a Pontevedra no escenario de rodaxe de proxectos audiovisuais.
Pablo Cacheda, director do proxecto, explicou na presentación acompañado pola concelleira de Turismo, Carlota Román, que será unha semana de rodaxe para cinco capítulos de sete minutos cada un, que se colgarán en Internet a partir de maio ou xuño cando finalice a montaxe e a posproducción. Actores como Carlos Blanco, Avelino González ou os pontevedreses Bernardo Fernández e Xúlio Abonjo protagonizarán o papel de profesor da Clases do Social nun capítulo distinto. Ao casting realizado na cidade para participar neste traballo presentáronse setenta persoas en cinco horas. Delas, ao redor de trinta participarán nesta webserie.
O protagonista da historia, Santi Romay, indicou que as webseries se converteron nunha esperanza para a industria "xa que a televisión pública está a pasar momentos difíciles e hai que buscar alternativas. E Internet é un modelo de difusión moi importante".
Clases do Social baséase nunha curtametraxe que xa foi proxectada en Madrid, Barcelona e Porto cun notable éxito.
Para promover e financiar o novo proxecto que conta cun presuposto de 10 mil euros, este venres 15 no IES Sánchez Cantón, o humorista Carlos Blanco ofrecerá un monólogo a partir das 20:30 h.
Relacionadas:
-
'Clases de lo social' inicia a rodaxe da segunda temporada con máis protagonismo feminino
Por Redacción |
-
A webserie 'Clases de lo social', rodada en Pontevedra, xa está na rede
Por Redacción |
-
A Bella Otero, Maruja Mallo e María Casares reviven visualmente en Pontevedra
Por Redacción |
-
Casting para unha webserie pontevedresa
Por Redacción |
-
Pablo Cacheda: Pontevedra ten que ser explotada audiovisualmente
Por Anxo Lourido |