VIDEO.- O campamento de mozos piratas dá o canonazo de saída
Tras os parches, os tricornios e algunha que outra cicatriz escóndense os aproximadamente 25 nenos que participarán durante este luns 27 e martes 28 de febreiro no campamento do Entroido Pirata. A actividade, organizada entre o Casino Mercantil e a Zona Monumental, leva catro anos repetindo con éxito unhas xornadas para adestrar aos máis novos de cara a noite máis pirata do ano, que se celebrará este martes 28.
Procura do tesouro, bailes, visitas pola Zona Monumental ou maquillaxe personalizada serán algunhas das actividades que levarán a cabo se o tempo acompaña e en caso contrario, serán trasladadas ao Casino Mercantil, na praza Curros Enríquez.
O lendario personaxe pontevedrés, Benito Soto, tamén terá o seu lugar entre os máis pequenos, que coñecerán a través de contos a figura dun dos últimos piratas da historia de España e que inspira unha das noites máis emblemáticas do entroido da cidade.
Os nenos, de entre 6 e 12 anos, animarán a contorna do Mercantil nun horario de 10:00 horas a 20:00 horas e demostrarán os dotes máis artísticos dos piratas no baile que prepararán con Falkatruadas, empresa animadora do evento. Se a choiva lles da unha tregua, representarán o ensaiado na noite do martes 28 de febreiro.
Relacionadas:
-
'Á procura do Tesouro' pola praza da Pedreira como fin de festa
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Benito Soto e os seus piratas abordan a noite pontevedresa
Por Diego Torrado |
-
Pontevedra coida a canteira do seu entroido
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Lino Pazos presenta o libro 'Veleros en el tráfico marítimo con Cuba (1800-1900)' este venres no Museo
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
Alta participación no desfile infantil de Marín
Por Redacción |
-
Os escolares disfrázanse para amosar o mundo que queren
Por Redacción |
-
O Burla Negra triunfa na súa épica batalla contra franceses e ingleses
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |