O 24 de febreiro agasalla un libro en galego e unha flor
Por Mónica Patxot
Agasallar un libro en galego e unha flor, é o convite que fai un ano máis a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) para celebrar que é 24 de febreiro, o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Moitos son os actos que están a ter lugar con motivo desta esta efeméride. Na Casa da Luz oito poetas e Cintaadhesiva protagonizaron este mércores o recital #RosalíaTe. Poesía e Máis.
Tamén na Biblioteca Central do campus os alumnos leron poemas e proxectaronse vídeos nun acto presentado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e no que tamén colaborou a profesora Ana Fernández Soneiras.