"Humanos" da compañía vasca Marie de Jongh, penúltima cita de Domingos do Principal
Por Redacción
Dous robots de aparencia humana que viven envoltos nunha felicidade... aparente. ÿ o fío argumental de Humanos, o espectáculo da compañía de teatro Marie de Jongh, que protagoniza a nova entrega do ciclo de teatro familiar Domingos do Principal. Representarase este domingo 10 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra en sesión dobre, ás 12.00 e ás 18.30 horas.
En Humanos, estes dous robots recrean constantemente unhas condutas humanas, pero de forma bastante artificial. Probablemente pretenden actuar así indefinidamente, pero todo cambia cando un deles comeza a fallar. ÿ unha historia que nos conta que nada é para sempre, pero que aínda así merece a pena vivir a vida. Os humanos temos límites e eses límites son os que nos empuxan a desenvolver as nosas ilimitadas posibilidades.
Cunha duración de 55 minutos, este novo traballo da compañía vasca, a penúltima obra que se representa en Domingos do Principal, é enteiramente xestual (sen diálogo), e está dirixido a toda a familia. Recibiu no ano 2010 o premio FETEN á mellor interpretación feminina e o Larruz 2012 á compañía revelación.
As entradas, que teñen un prezo de catro euros, pódense adquirir de forma anticipada en www.servinova.es ou no 902 504 500, ou ben en taquilla desde dúas horas antes da función.