Os oito novos instrumentistas de corda de Bambú Ensemble, no Principal
Por Redacción
O Teatro Principal de Pontevedra acollerá este mércores 15 de febreiro un concerto a cargo Bambú Ensemble, agrupación camerística integrada por oito novos instrumentistas de corda. A actuación, organizada pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra para os seus socios, será ás 20.00 horas.
Segundo informa a Sociedade Filarmónica, Bambú Ensemble ofrecerá o Octeto para corda de Felix Mendelssohn e o Octeto para corda de George Enescu, unha obra da que os organizadores indican que é tan brillante como pouco coñecida.
Nada no seo da Nova Orquestra Nacional de España e motivada por unha gran afinidade musical e persoal, o obxectivo de Bambú Esemble é expandir e difundir o seu traballo por toda a paisaxe nacional. Aínda que é un grupo versátil que pode aparecer en distintas formacións, elixen o octeto de corda de forma habitual.
Residentes en distintos países de Europa, os membros de Bambú Ensemble traballan e conviven de forma intensiva mediante varios encontros anuais, nos que realizan un estudo exhaustivo das obras para interpretar. A pesar da súa curta traxectoria, ofreceron concertos en moitas cidades españolas, destacando os protagonizados con gran éxito no Auditorio Nacional de Madrid.
Relacionadas:
-
Dúo de excepción no Principal: o violinista Marat Bisengaliev e o pianista Daniel del Pino
Por Redacción |
-
A Filarmónica innova na súa programación cun concerto da Big Bang Band
Por Redacción |
-
A Sociedade Filarmónica dedica o seu vindeiro concerto á centenaria falecida María Aquilina Alonso
Por Anxo Lourido |
-
O premiado pianista chinés Jianing Kong interpretará pezas de Beethoven e Chopin en Pontevedra
Por Redacción |
-
Nova tempada musical da Sociedad Filarmónica de Pontevedra, e xa van 96!
Por Redacción |