O pracer, como 'The Hole', sen censuras
O público é a parte máis escencial dun espectáculo. Dá igual o artista, o tipo de función ou o ton da actuación. O humor é, sobre todo, un espectáculo colectivo. Os aplausos, as risas e algún comentario perdido entre as bancadas do teatro falan moito máis que calquera opinión que un experto crítico poida dicir. The Hole non é unha excepción.
Non fai falta ler as boas críticas do director Álex de la Iglesia ou do humorista Berto Romero; basta con coarse os últimos minutos á espera da gran ovación por parte dos espectadores, que se levantan emocionados porque se deixaron arrastrar ao buraco e todo o que iso leva: gargalladas, sorpresas e moita, moita vergoña entre un público que formaba parte, tanto ou máis, desta inetiquetable función.
The Hole leva catro anos de xira por toda España, sen contar os dous que estivo anteriormente en Madrid, presumindo de anunciar "entradas esgotadas" en case todas as cidades que foi visitando. Durante esta fin de semana está en Pontevedra, no Auditorio de Afundación. Estreada como parte dun proxecto conxunto entre o actor e director Paco León, e as produtoras de teatro LETSGO e YLLANA, o espectáculo foi evolucionando grazas á diversidade de actuacións que ofrecen debido ao continuo cambio nos Mestres de Cerimonias, a voz cantante, e que tivo o privilexio de vivir na pel de artistas como Eduardo Casanova, Álex O'Doherty ou La Terremoto de Alcorcón, entre moitos outros.
No seu paso por Pontevedra, os espectadores contarán coa mediación de Cristina Medina, experimentada actriz de teatro pero actualmente coñecida polo seu papel de Nines en La que se avecina e que achega ao espectáculo unha actitude moi vacilona e irreverente, pero sempre desde o bo rollo que transmite unha creación como The Hole.
"El tono del espectáculo es un tono de cachondeo", conta a actriz en momentos previos ao inicio, "vacilamos mucho al espectador en el buen sentido de la palabra porque todos estamos aquí para rompernos el pecho y vibrar con los números". É claro o obxectivo de rirse do público pero sobre todo con el, porque desde un principio os distintos artistas que conforman The Hole móvense libremente entre as butacas, interactuando co público dunha maneira desenfadada, momentos antes de dar inicio a unha actuación que ningún primerizo espérase.
"Esa complicidad que se establece encima del escenario se traspasa al patio de butacas", e se se consegue é "porque se les habla directamente a ellos, no hay una cuarta pared donde estamos jugando con unos personajes que hacen exactamente lo mismo". É aí onde radica o seu éxito, na improvisación que, dentro dunha estrutura xeral, permite aos actores utilizar a un público en concreto como un personaxe máis. "Todo lo hacemos para el espectador", engade Cristina Medina.
Tendo en conta estas palabras, quizais a primeira pregunta que un potencial espectador debe facerse antes de atreverse a entrar nese escuro e profundo buraco é: que me podo esperar dun espectáculo como The Hole? Deixar atrás os prexuízos é quizais o paso máis importante á hora de penetrar neste mundo cheo de luxuria, relacións pouco correctas e desvergoñas.
E é que The Hole nace nun contexto tan libre como hipócrita. Aínda que afeitos tratar coa sexualidade no noso día a día, non son poucos os que prefiren mirar a outro lado cando se fala abertamente do pracer, cando se comparte ou cando se mostra. "Estamos viviendo una época muy chunga y aquí a lo que nosotros instamos al público es a que vengan a pasar un buen rato y que se olviden de todo, vivan su sexualidad y su vida como les de la gana y viva, vivan, vivan" comenta Austin Guerrero, un dos personaxes, nunha mensaxe exaltador da liberdade individual e a favor da ruptura con eses dogmas que nos condicionan.
E iso reflíctese perfectamente na función e sobre todo, no seu público, que debe permanecer coa mente aberta ante un espectáculo moi sensual que cada vez vai a máis.
É aí onde se atopa co seu talón de Aquiles, non todos estarán dispostos a deixar ao carón o pudor e poida que se atopen excedidos por tanto chiste e situación verde. Porque The Hole centra parte do seu márketing na espectacularidade e ao final os números máis circenses poden resultar repetitivos e eclipsados por esa temática picantona, que aínda así, non consegue desmerecer a uns artistas que transmiten proximidade e diversión.
Relacionadas:
-
Yllana lembra o mellor da súa traxectoria no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
"The Hole" estréase en Pontevedra nunha noite libre de prexuízos
Por Antía Fernández Buján & Mónica Patxot |
-
A sede de Afundación transformarase nun cabaret con 'The Hole'
Por Redacción |
-
"The Hole" chega a Pontevedra: haberá seis funcións entre os días 9 e 12 de febreiro
Por Redacción |