Como facer música con calquera trebello da nosa cociña
Por Aitana Vidal & Anxo Lourido
Dende este mércores 6 de marzo, un grupo de afeccionados á música comezou un curso de iniciación á pandeireta e a percusión tradicional na Praza da Peixería en Vilagarcía de Arousa.
O curso está organizado pola Asociación Pesdebarro e o imparte o monitor Xosé Lois Lucio coa idea de ofrecer unha primeira toma de contacto con instrumentos e ritmos tradicionais. Está enfocado a persoas con nivel baixo de coñecementos previos sobre a música galega. Durante as sesións faise fincapé nas cuestións xerais e teóricas pero xa dende o primeiro día os alumnos puideron executar pezas coa pandeireta, introducíndose nun repertorio musical axeitado ao seu nivel.
A primeira lección centrouse nunha explicación dos instrumentos de percusión da cultura popular galega dende a pandeireta á pandeira pasando polo pandeiro cadrado. Pero tamén se fai referencia aos instrumentos menos elaborados da percusión: tarrañolas, culleres, cunchas, morteiros, botellas de anís e outros trebellos máis que poden aparecer por calquera cociña das nosas casas. Como sinalan os organizadores do curso: "se ao golpealos non rompen, pódese facer música..."
Os cursos desenvólvense todos os mércores ata finais de maio.