Pontevedra terá o seu propio "mapa literario"

Por Redacción
Pontevedra Literaria. É o nome do proxecto que vén de poñer en marcha a Concellería de Cultura, unha iniciativa que culminará coa creación do mapa literario do concello de Pontevedra que estará dispoñible na rede e en soporte papel a partir deste verán.
Cultura busca dar a coñecer así a vinculación da cidade do Lérez coa literatura.
O mapa integrará autores e obras que falan da cidade ou que transcorren nela, incluíndo banda deseñada e álbums ilustrados. Pero tamén atenderá a todo o que as rodea (imprentas, editoras ou librarías), as promove (bibliotecas ou centros culturais) e inspira (lugares de encontro ou espazos históricos).
O resultado pretende ser un mapa colaborativo, é dicir, no proceso de recollida de información abrirase comunicación con persoas e entidades da cidade relacionadas co mundo das letras, e deste xeito, poder construír un mapa o máis amplo e representativo posible.