Despistaos escolle Pontevedra como unha das paradas da xira do seu décimo aniversario
Por Alejandro Espiño
Con dez anos de carreira ás súas costas e sete discos no mercado, Pontevedra poderá gozar por vez primeira da música de Despistaos, un dos grupos máis respectados do pop-rock español. E non será un concerto calquera senón unha das paradas da xira co que este grupo manchego celebra o seu décimo aniversario. Será este sábado 9 de marzo ás 22.30 horas na Sala Karma.
Trátase dunha xira na que Despistaos achegará cada unha das súas novas cancións a todos e cada un dos seus fans repartidos por toda a xeografía española. As premisas están claras: chegar a tocar en todas e cada unha das capitais de provincia do país (o número total de concertos excede os cincuenta) e, o máis importante, que a entrada a cada concerto teña un prezo de dez euros; "10 anos, 10 euros".
Pese á cantidade de concertos de xira "de inverno" e ao prezo das entradas, Despistaos seguirá ofrecendo o espectáculo ao que teñen afeitos aos seus seguidores: amplo repertorio de coñecidísimas cancións, apoio visual en forma de proxeccións e a proximidade coa que sempre se tratou a cada un dos seus fans.
Neste concerto, ademais de facer un amplo repaso a toda a súa traxectoria música, Despistaos, composto por Daniel Marco (voz e guitarra), Isma (baixo), Krespo (guitarra solista), More (guitarra rítmica) e Lázaro (batería), presentarán os temas inéditos que foron editado recientemente en Internet, Y tú más perra, Como antes, e os máis recentes, Hoy, Las cosas que pasan e Niebla, que marcan unha nova etapa na súa exitosa carreira artística.
Son cinco novas cancións, pero haberá máis. Tras lanzar dous delas o pasado 6 de novembro e outras dúas o 8 de xaneiro, desde febreiro a xuño irán publicando unha canción cada mes. Tralo verán, recompilaranse todos os singles lanzados e algunha que outra sorpresa máis nun disco físico que conmemora o décimo aniversario de Despistaos.
As entradas para asistir a este concerto pódense adquirir en Rei Zentolo Pontevedra, Pequeno Karma e as taquillas electrónicas www.ticketea.com e www.entradasgo.com.