VÍDEO.- Cantos na Maré quenta voces de cara a cita deste sábado
Por Mónica Patxot
A artista Kátya Teixeira ofrecía na mañá deste venres un taller para escolares de cantos tracionales brasileiros no Pazo da Cultura.
Os escolares puideron gozar do coñecemento desta artista que este sábado a partir das 21.00 horas subirá ao escenario do auditorio do Pazo para participar en Cantos na Maré acompañada de Manecas Costa, Celina da Piedade, Guadi Galego, Paulo Flores e Santiago Auserón, baixo a dirección artística de Uxía. Desde hai varios días xa non quedan entradas para poder asistir a este Festival Internacional da Lusofonía.
Ás 20.00 horas deste venres, o angoleño Paulo Flores ofrecerá en Libraríaa Paz un relatorio sobre 'O Semba, matriz cultural de Angola', unha das danzas e xéneros musicais máis populares de Angola que combina o son da guitarra con diversos ritmos de percusión.
Xa durante o sábado, ás 13.00 horas, a cantante portuguesa Celina da Piedade ofrecerá un taller de Cante Alentejano no Bar Gramola. Trátase dunha práctica vocal polifónica do sur de Portugal recoñecida como patrimonio inmaterial da humanidade pola Unesco.
Será un anticipo do espectáculo que se vivirá a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura.
Relacionadas:
-
O festival Cantos na Maré trasládase á primavera
Por Redacción |
-
Cantos na Maré: Árdelle o eixo!
Por Diego Torrado |
-
Esgotadas as entradas para o festival Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Charlas, talleres musicais e concertos íntimos, actividades paralelas de Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Santiago Auserón, artista convidado no Festival Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Narf estará en todas as bocas da XIII edición de Cantos na Maré o 14 de xaneiro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |